XIV edición de Ponte...nas ondas.
 
 
 
 

 
XV EDICIÓN DE PONTE...NAS ONDAS !
Xoves, 07 de Maio do 2009

O PATRIMONIO DOS TESOUROS VIVOS

 Ponte...nas ondas ! realizará o 5 de xuño a XV xornada interescolar de comunicación coa emisión en directo por Internet dunha programación realizada por alumndado de máis de 60 centros educativos de Galiza, Portugal e América.

O patrimonio cultural inmaterial continúa a ser o soporte das actividades promovidas desde Ponte...nas ondas!
Convidamos aos centros educativos e a todas as persoas a seguir a programación audiovisual do 5 de xuño desdes esta mesma Web. 

 

 
Inscribe ao teu centro na XV Xornada Multimedia Ponte...nas Ondas!-2009
Martes, 03 de Febreiro do 2009

ImageSÚMATE Á FESTA DA COMUNICACIÓN ! Inscribe ao teu centro na XV Xornada Multimedia Ponte...nas Ondas!-2009

Descubre OS TESOUROS VIVOS do Patrimonio Cultural Galego-Portugués


Estimados colegas: Tal como xa anunciamos en comunicacións anteriores, convocámosvos a participar na XV edición da Xornada Multimedia Ponte…nas Ondas 2009! que celebraremos o venres 5 de xuño de 2009.

A intención da nosa proposta é que se divulgue, de agora en diante, nos centros educativos galegos e do Norte de Portugal o (re)coñecemento de OS TESOUROS VIVOS DO PATRIMONIO INMATERIAL.
 
Ponte...nas ondas!, convoca a XV EDICIÓN
Domingo, 30 de Novembro do 2008
A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas!, convoca a XV EDICIÓN DA XORNADA MULTIMEDIA INTERESCOLAR. Tal e como adiantabamos no correo electrónico que remitimos a todas as escolas e institutos o mes pasado a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas! convoca a XV EDICIÓN DA XORNADA MULTIMEDIA INTERESCOLAR que se desenvolverá o día 5 de xuño de 2009.
 
PONTE...NAS ONDAS! RECOÑECERÁ AOS PORTADORES DO PATRIMONIO INMATERIAL MEDIANTE A CREACIÓN DO SISTEMA
Venres, 17 de Outubro do 2008
ImageUn novo recoñecemento para o patrimonio inmaterial galego-portugués que se centrará nas persoas portadoras do patrimonio, o que a Unesco denomina “os tesouros vivos “. Un procedemento que contribuirá a poñer en valor as manifestacións e expresións máis destacadas deste patrimonio e á súa vez garantirá a transmisión ás novas xeracións. Este sistema foi creado por primira vez no Xapón e actualmente está implantado nalgúns países como Francia, República Checa, Bulgaria, Rumanía, Filipinas, Tailandia ou Brasil.
 
Publicación do libro "As fronteiras e as identidades raianas entre Portugal e Espanha"
Domingo, 02 de Novembro do 2008

PUBLICACIÓN DO LIBRO  "AS FRONTEIRAS E AS IDENTIDADES RAIANAS ENTRE PORTUGAL E ESPANHA", editado pola UTAD ( Universidade de Tras-Os-Montes e Alto Douro )

O lançamento terá lugar na próxima quarta-feira, dia 5 de Novembro, pelas 18:30, na Biblioteca Municipal de Chaves, numa organização conjunta entre o pólo da UTAD em Chaves e a Câmara Municipal. No acto participarão.

 
A identidade da Eurorexión será posta en valor co recoñecmento dos portadores do patrimonio común
Domingo, 02 de Novembro do 2008
A IDENTIDADE DA EURORREXIÓN SERÁ POSTA EN VALOR CO RECOÑECEMENTO DOS PORTADORES DO PATRIMONIO COMÚN

O primeiro sistema creouse no Xapón en 1950. A República de Corea creou o seu en 1964. Outros países como Filipinas, Tailandia, Rumanía, Francia, a República Checa e Bulgaria estableceron sistemas  que varían de forma considerable duns a outros.

Na actualidade xa se instauraron noutros países de África, América Latina, Asia, o Pacífico e Estados Árabes.

 
 

Canal PNO - Os nosos vídeos

XV Edición de PNO

Presentación
Inscripción

O noso disco

Galería de PNO

Boletin

Rexístrate e recibe toda a información de Ponte...nas ondas





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha