Inicio Novas REVISTA ORAL NO VERBUM- Venres 5- 21 hs
REVISTA ORAL NO VERBUM- Venres 5- 21 hs PDF Imprimir Correo-e
Edición XV - 2009 - Novas
Venres, 29 Maio 2009 10:08
cartaz_revista_oralPonte...nas ondas! presenta, no marco da XV edición da xornada da comunicación, unha revista oral destinada a presentar a proposta dos Tesouros Vivos do Patrimonio Cultural Galego-Portugués. 
A Revista Oral ten un formato áxil e ameno no que se combina a palabra, a música, o canto e o recitado. Antonio Reigosa, investigador e difusor da literatura de tradición oral coordenará esta sesión que contempla a presenza de portadores do patrimonio galego-portugués chegados desde diversos puntos da Eurorrexión.
A Revista Oral será retransmitida en directo por televisión a través de Internet e poderá ser seguida en simultáneo dentro da programación de Ponte...nas ondas! A emisión e realización de televisión correrá a cargo do estudio móbil de  Casa de Tolos baixo a dirección de Segundo Grandío.
  • A UNESCO define os Tesouros Humanos Vivos como persoas ou grupos que posúen un saber ou unha habilidade relacionada con calquera disciplina do coñecemento e da cultura. En xeral, podemos considerar a estas persoas como portadores do patrimonio que manteñen e transmiten as diversas expresións do patrimonio inmaterial .

    Estes portadores están na comunidade, na sociedade. Temos ao noso lado   persoas que transmiten saberes e destrezas aprendidas de xeracións anteriores. A cultura popular sempre estivo mantida polas persoas e as comunidades.

    Exemplos de Tesouros Humanos Vivos podemos atopalos en calquera destes ámbitos:

    1. En calquera das tradicións e expresións orais nas que a lingua sexa o soporte da expresión cultural.

    2. Nas artes do espectáculo: danzas, cantos, romarías e rituais festivos que teñan un significado esencial para unha determinada comunidade ou grupo social.

    3.-  Nos usos sociais, rituais e actos festivos que se realizan durante o ciclo anual.

    4.- Nos coñecementos e usos relacionados coa natureza e o universo. Tanto na cultura agraria como marítima encontramos toda unha sabiduría asociada a diferentes prácticas e usos.

    5.- Nas  técnicas artesanais tradicionais relacionadas con oficios e saberes.

INTERVENCIÓNS:

· Antonio Reigosa. Escritor e investigador – Presentación

· Ponte...nas ondas!- O Sistema dos Tesouros Vivos da Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal

· Xavier Blanco, de Moaña (Pontevedra), músico de raíz, recuperador dos chamados "instrumentos pobres".

 

· Cantadeiras de Gargamala (Mondariz ), mulleres que conservan na súa memoria os cantos de labor.

· Manuela de Barro, de Cerdedo (Pontevedra), voz portentosa da copla e do cancioneiro popular tradicional.

 

· Elba Requeijo, de Abadín (Lugo), recitadora e narradora de contos.

 

· José Cortizo, de Cerdedo (Pontevedra), poeta popular e cantor.

 

· Nelson Vilarinho, o cantador e tocador de concertina de máis idade do Norte de Portugal.

 

· Diana Gonçalves – Directora documental “Mulleres da Raia”

 

· As mulleres da raia e Diana Gonçalves ( protagonistas e directora do premiado documental ).

 

· Grupo Abertal, A Rúa, (Valdeorras), grupo de baile e música tradicional que leva 25 anos de andadura baixo a dirección de Manuel Durán.

 

· Cavaquinhos do Minho - Viana do Castelo. Grupo formado por tocadores de varias xeracións.

-      Concertinas de Viana do Castelo. Tocadores de varios lugares do distrito de Viana.

· Pancho Álvarez, de Tui (Pontevedra), músico, recreador de sons á maneira tradicional coma os do mítico Florencio, o cego da Fontaneira. Pancho presentará temas do seu último traballo “Sólidos galicianos”.

Neste traballo dise: “ Os romanos crían que ao cruzar as augas do río Limia esquecerían o seu pasado.     Este río chega ata Portugal, país co que compartimos un pasado que ás veces, uns e outros tamén esquecemos “.